Camiño de historias
“Camiño de historias” é un espectáculo constituído por tres historias de tradición oral procedentes de diversos países de fala portuguesa que abordan dunha maneira amena e divertida cuestións como a interculturalidade e os dereitos humanos.
En cada unha das historias o público ten que atopar unha palabra, que é a esencia desa historia, e que xunto coas outras dúas, constitúe unha “fórmula” para que as persoas sexan felices.
Tamén se destaca a grande utilidade do galego para facilitar a comunicación con máis de 280 millóns de falantes de portugués de todos os continentes (de Portugal, do Brasil, de Angola, de Mozambique de Timor Leste…)
Cada relato é tratado dun xeito diferente. Así pois, nun prima a palabra, noutro, as imaxes e noutro recupérase a arte das contadoras e contadores ambulantes das feiras de antano.
Outros contidos son:
- a importancia da lectura
- os rapaces consentidos polos pais,
- o coidado das mascotas
- o ritmo das estacións e o ciclo da vida,
- o valor da música e da festa etc.
As cancións e os ditos tradicionais arroupan todo o espectáculo co fin de difundir a literatura popular infantil de Galicia.
Guión e dirección: María Campos e Carlos Yus.
Elenco: