Migallas Teatro realiza sesións de narración oral dirixidas a público infantil e familiar a cargo dunha contadora. Nestas sesións recupérase a forma de contar historias dun xeito tradicional. A palabra é a ferramenta básica que estimula a imaxinación de nenos e adultos e mantén a súa atención durante todo o relato.
É daquela unha actividade moi apropiada para campañas de animación á lectura e para abordar dun xeito ameno moitos temas importantes, pois os contos varían segundo os intereses da organización: a diversidade, o sexismo, as persoas maiores, os medos, o abuso da televisión etc.
Contos nas orellas
Contos de risa, trasnos e carapuchiñas. A tradición oral da man da literatura infantil. Co ritmo das ondas no noso maxín, entraremos no mundo da fantasía e da imaxinación...
“Contos nas orellas” engloba cinco sesións diferentes para escoller, cada unha delas arredor dun tema: a diversidade, o Nadal, a risa, a tradición oral e os primeiros contos para bebés. Ditos, cancións e pequenos xogos tradicionais salpican todas as sesións, que teñen como finalidade o gozo da literatura por parte dos pequenos/as.
- Idioma: galego
- Público preferente: Infantil e familiar.
- Xénero: narración de contos.
Ficha artística
Guión e dirección: Bea Campos
Elenco:
- Contadora: Bea Campos
Ficha técnica
- Duración: Entre media e unha hora.
- Medidas do espazo:
- Ancho: 4 m.
- Altura ata o teito: 2,5 m.
- Fondo: 2 m.
Observacións: Límite de espectadores: 50. Proximidade do público para poder ver os contos
María dos contos
Os contos tradicionais ou de creación de María dos Contos tratan cuestións moi próximas ós/ás nenos/as e teñen como finalidade, ademais de entreter e divertir, presentar posibles solucións a algúns conflitos propios das idades dos/as cativos/as como poden ser:
- O medo á escuridade, o afán de posuír xoguetes
- O escaso tempo dedicado polos pais, os complexos
- O respecto ós vellos, o sexismo nos xoguetes
- O respecto á diferencia, o abuso da T.V.
- As mascotas, os celos, etc...
Tamén hai contos de carácter enumerativo e outros que perseguen simplemente demostrar que os contos poden ser os xoguetes máis divertidos.
- Idioma: galego
- Público preferente: Infantil e familiar.
- Xénero: narración de contos.
Ficha artística
Guión e dirección: María Campos e Carlos Yus.
Elenco:
- María dos Contos: María Campos.
Ficha técnica
- Duración: Entre media e unha hora.
- Medidas do espazo:
- Ancho: 4 m.
- Altura ata o teito: 2,5 m.
- Fondo: 2 m.
Observacións: Límite de espectadores: 60. Proximidade do público para poder ver os contos.

![Durante o contacontos [Clic para ampliar imaxe]](/files/imaxes/contacontos/migallas_contacontos_mini.jpg)
![Cartel do espectáculo Contos nas orellas [Clic para ampliar imaxe]](/files/imaxes/contacontos/migallas_contacontos_contos_nas_orellas_mini.jpg)
![Portada do libro [Clic para máis información]](/files/imaxes/un_avo_especial/libro_avo_especial_mini.jpg)
![Portada do disco [Clic para ampliar información]](/files/imaxes/canta_connosco/canta_connosco_portada_mini.jpg)
![Camisetas de Migallas [Clic para máis información]](/files/imaxes/camisetas/camisetas_migallas.jpg)
![Logotipo de facebook [Clic para acceder á nosa páxina]](/themes/bluemasters/images/redes/facebook.png)
![Logotipo de Twitter [Clic para acceder á nosa paxina]](/themes/bluemasters/images/redes/twitter.png)
![Logotipo de Youtube [Clic para acceder ao canal]](/themes/bluemasters/images/redes/youtube.png)
![Logotipo de Flikr [Clic para acceder á nosa paxina]](/themes/bluemasters/images/redes/flickr.png)
