¿E se o cantamos? é unha peza na liña de “¡Canta connosco!” onde se combinan cancións con escenas breves para tratar temas como os xogos colectivos e tradicionais fronte ós videoxogos e ós xoguetes electrónicos; a importancia das relacións entre avós e netos; a violencia e a publicidade na televisión; xoguetes bélicos e sexistas; a problemática do galego e o castelán (pais e nais que falan en galego entre eles e en castelán cos fillos); a importancia da música e do baile; etc.
Os temas do disco que se interpretan neste espectáculo son: "O rock da ducha", "O eucalipto e o carballo", "O rap da lingua", "Os xogos" e "Perico Pérez".
- Idioma: galego
- Público preferente: Infantil e familiar.
- Xénero: Comedia e canción infantil.
Ficha artística
Guión e dirección: María Campos e Carlos Yus.
Elenco:
- Antón: Carlos Yus.
- Rosiña e Cachirula: María Campos.
- Música: cancións orixinais de María Campos e Carlos Yus.
- Escenografía: María Campos
- Técnica de luz e son: Alba Tamara
- Vestiario: Celsa Cabaleiro
- Fotografía: Mari Print
Ficha técnica
- Duración: 1 hora.
- Tempo de montaxe: 2 horas e 30 minutos.
- Tempo de desmontaxe: 1 hora
- Medidas do escenario:
- Ancho: 6 m.
- Altura ata o teito: 3,5 m.
- Fondo: 3 m.
- Potencia eléctrica: 8.000 W.

![Escena de ¿E se o cantamos? [Clic para ampliar imaxe]](/files/imaxes/e_se_o_cantamos/migallas_e_se_o_cantamos_1_mini.jpg)
![Escena de ¿E se o cantamos? [Clic para ampliar imaxe]](/files/imaxes/e_se_o_cantamos/migallas_e_se_o_cantamos_3_mini.jpg)
![Escena de ¿E se o cantamos? [Clic para ampliar imaxe]](/files/imaxes/e_se_o_cantamos/migallas_e_se_o_cantamos_2_mini.jpg)

![Portada do libro [Clic para máis información]](/files/imaxes/un_avo_especial/libro_avo_especial_mini.jpg)
![Portada do disco [Clic para ampliar información]](/files/imaxes/canta_connosco/canta_connosco_portada_mini.jpg)
![Camisetas de Migallas [Clic para máis información]](/files/imaxes/camisetas/camisetas_migallas.jpg)
![Logotipo de facebook [Clic para acceder á nosa páxina]](/themes/bluemasters/images/redes/facebook.png)
![Logotipo de Twitter [Clic para acceder á nosa paxina]](/themes/bluemasters/images/redes/twitter.png)
![Logotipo de Youtube [Clic para acceder ao canal]](/themes/bluemasters/images/redes/youtube.png)
![Logotipo de Flikr [Clic para acceder á nosa paxina]](/themes/bluemasters/images/redes/flickr.png)
