Espectáculo Zaragallada

Anxo Xesteira e Carlos Yus

En “Zaragallada”, Carlos Yus e Anxo Xesteira interpretan as cancións do disco do mesmo nome “Zaragallada” acompañados por acordeón, teclado, guitarra e percusión.

Como o seu nome indica, “Zaragallada” (recheo da empanada) consta de 13 temas en galego con ritmos e contidos moi variados. Podemos escoitar cancións pop, rock, ska, un pasodobre, un tango, unha rumba, un valse, unha nana, unha pandeirada etc. Moitas das letras tratan cuestións de tipo social aderezadas con humor e retranca e outras son de carácter lírico.

A produción artística do disco correu a cargo de Segundo Grandío, do estudio “Casa de tolos”.

O público ao que van dirixidos os concertos de Banda Zaragallada é pois heteroxéneo, como a súa música e letras, desde a mocidade a público máis veterano.

  • Idioma: galego
  • Público preferente: mocidade e persoas adultas
  • Xénero: concerto de música
  • Duración: 1 hora
  • Tempo de montaxe: 2 horas
  • Tempo de desmontaxe: 1 hora
  • Potencia eléctrica : 8.000 W, dependendo do espazo
  • Medidas do escenario
    • Ancho: 4 m
    • Altura ata o teito: 3 m
    • Fondo: 3 m

Ficha artística

Carlos Yus Respaldiza

Carlos Yus Respaldiza

Fundador da compañía Migallas Teatro xunto a María Campos, coa que comparte 30 anos de actuacións para público adulto polos escenarios de toda Galicia cos espectáculos de música e teatro “O cantante e as mulleres” e “Empanada da casa”. Tamén gravou os álbums para público infantil e familiar “Canta connosco!” e “Pan de millo”.

Anxo Xesteira Serrano

Anxo Xesteira Serrano

Músico multi instrumentista (acordeón, percusión, piano, gaita, guitarra…) membro de Treixadura, de SonDeSeu Orquestra Folk de Galicia, Rodrigo Romaní Trío e Onte e hoxe e director do grupo vocal Maravallada. É tamén o director da empresa de son Anxest.