A aparición do disco de MIGALLAS "¡Canta Connosco!" no ano 1996 foi un acontecemento extraordinario no campo da música galega. Era a primeira vez que un grupo galego cunha ampla experiencia nas actuacións en directo ante público infantil e xuvenil gravaba un disco na nosa lingua coa calidade dun disco para adultos no que se combinaban os ritmos tradicionais cos de máis actualidade.
Tanto na forma coma no contido cada tema foi elaborado con sumo coidado procurando acadar unha calidade instrumental e vocal óptima que enriquecese os múltiples contidos que transmiten, contando para iso con músicos do talle de Manuel Budiño, Guillermo Fernández (Berrogüeto) e Paco Dicenta, que fixo os arranxos, e con colaboracións tan significativas como a de Suso Vaamonde.
Así pois en "¡Canta connosco!" podemos atopar cancións infantís de aire máis tradicional coma "O libro máxico" xunto a un rap, un rock, unha cumbia, un reagge, un pasodobre, unha canción africana ou unha anaina, sen esquecer o tema instrumental folk que pecha o disco cunha magnífica gaita irlandesa.
"¡Canta connosco!" é un disco pensado para os nenos e nenas que pode gustar a toda a familia pola súa variedade e polos seus contidos. As once cancións que o conforman tratan temas como os xogos tradicionais e colectivos fronte á televisión e ós videoxogos; animación á lectura; a importancia do uso do galego, a ecoloxía, a cultura tradicional, etc.
A compañía pontevedresa "MIGALLAS TEATRO" xa puxo en escena o seu espectáculo de teatro e cancións baseado no disco "¡CANTA CONNOSCO!" en máis de 300 centros de ensino, asociacións culturais, prazas e teatros de toda Galicia con máis de 40.000 espectadores e espectadoras.






![Camisetas de Migallas [Clic para ver o catálogo]](files/imaxes/camisetas/camisetas_migallas.jpg)
![Portada do libro [Clic para máis información]](/files/imaxes/un_avo_especial/libro_avo_especial_mini.jpg)
![Portada do disco [Clic para ampliar información]](/files/imaxes/canta_connosco/canta_connosco_portada_mini.jpg)
![Camisetas de Migallas [Clic para máis información]](/files/imaxes/camisetas/camisetas_migallas.jpg)
![Logotipo de facebook [Clic para acceder á nosa páxina]](/themes/bluemasters/images/redes/facebook.png)
![Logotipo de Twitter [Clic para acceder á nosa paxina]](/themes/bluemasters/images/redes/twitter.png)
![Logotipo de Youtube [Clic para acceder ao canal]](/themes/bluemasters/images/redes/youtube.png)
![Logotipo de Flikr [Clic para acceder á nosa paxina]](/themes/bluemasters/images/redes/flickr.png)
