O carballiño enfermo

OBRA EN PROCESO DE ADAPTACIÓN

Escena do carballiño enfermo [Clic para ampliar imaxe]

“O carballiño enfermo” é un espectáculo no que se combina o teatro de actor co de títeres grandes de mesa. A través dunha historia divertida trátanse cuestións como a inmigración, as semellanzas e as diferenzas entre os pobos e a necesidade de coñecerse, respectarse e cooperar uns cos outros para conseguir resolver os problemas ambientais e sociais comúns. Tamén se aborda a importancia das persoas maiores como fonte de sabedoría fronte á uniformidade cultural da sociedade de consumo.

  • Idioma: galego
  • Público preferente: Infantil e familiar.
  • Xénero: Comedia
Escena do carballiño enfermo [Clic para ampliar imaxe]

Ficha artística

Guión e dirección: María Campos e Carlos Yus

Elenco:

  • Antón, Menciñeiro, Africano, Home, e Arxentino: Carlos Yus
  • Rosiña, Xitana, Avoa e Neto: María Campos
  • Escenografía: María Campos
  • Técnicas de luz e son: Alba Tamara
  • Vestiario: Celsa Cabaleiro
  • Títeres: Migallas Teatro
  • Atrezo: Migallas Teatro
Escena do carballiño enfermo [Clic para ampliar imaxe]

Ficha técnica

  • Duración: 1 hora.
  • Tempo de montaxe: 2 horas
  • Tempo de desmontaxe: 1 hora
  • Potencia eléctrica: 10.000 W.
  • Medidas do escenario:
    • Ancho: 6 m.
    • Altura ata o teito: 3.5 m
    • Fondo: 5 m.