Rosiña é unha nena que ten que quedar soa na casa mentres os pais van a unha reunión. Como ten algúns problemas para rematar os deberes decide investigar nun baúl onde o pai gardou moitas cousas para que non se manchasen coa pintura, pois está pintando a casa. Alí atopa un libro vello e ponse a ler nel. Tras as primeiras liñas empezan a pasar cousas estrañas e Rosiña e os seus amigos, o público, mergúllanse na aventura de piratas que está escrita no libro.
Máis tarde os rapaces e rapazas irán en procura da lámpada marabillosa que esqueceu un xenio en Arabia; actuarán na pista dun circo acompañados por un can pallaso e conducirán unha nave espacial por galaxias descoñecidas.
O argumento desta peza teatral convida os rapaces e rapazas a vivir grandes aventuras lendo nos libros. Ademais trátanse temas como a discriminación; o exceso de autoridade; as relacións entre pais e fillos; o compañeirismo; a importancia da imaxinación, etc.
- Idioma: galego
- Público preferente: Infantil e familiar.
- Xénero: Comedia.
Ficha artística
Guión e dirección: María Campos e Carlos Yus.
Elenco:
- Pai, pirata e can: Carlos Yus
- Rosiña: María Campos
- Música: canción orixinal de María Campos e Carlos Yus.
- Escenografía: María Campos
- Técnica de luz e son: Alba Tamara
- Vestiario: Celsa Cabaleiro
Ficha técnica
- Duración: 1 hora e 10 minutos.
- Tempo de montaxe: 2 horas e 30 minutos.
- Tempo de desmontaxe: 1 hora
- Potencia eléctrica: 8.000 W.
- Medidas do escenario:
- Ancho: 6 m.
- Altura ata o teito : 3,5 m.
- Fondo: 3 m.
Unidade didáctica de "O Libro Máxico" formato PDF [190 Kb]

![Cartel do Libro máxico [Clic para ampliar imaxe]](/files/imaxes/o_libro_maxico/migallas_o_libro_maxico_1_mini.gif)
![Portada da unidade didáctica [Clic para Descargar] Portada da unidade didáctica](/files/imaxes/o_libro_maxico/migallas_o_libro_maxico_2.gif)
![Portada do libro [Clic para máis información]](/files/imaxes/un_avo_especial/libro_avo_especial_mini.jpg)
![Portada do disco [Clic para ampliar información]](/files/imaxes/canta_connosco/canta_connosco_portada_mini.jpg)
![Camisetas de Migallas [Clic para máis información]](/files/imaxes/camisetas/camisetas_migallas.jpg)
![Logotipo de facebook [Clic para acceder á nosa páxina]](/themes/bluemasters/images/redes/facebook.png)
![Logotipo de Twitter [Clic para acceder á nosa paxina]](/themes/bluemasters/images/redes/twitter.png)
![Logotipo de Youtube [Clic para acceder ao canal]](/themes/bluemasters/images/redes/youtube.png)
![Logotipo de Flikr [Clic para acceder á nosa paxina]](/themes/bluemasters/images/redes/flickr.png)
