"Un avó especial" é un espectáculo destinado a público familiar no que se aborda o tema da enfermidade do Alzheimer co obxectivo de axudarlles ós rapaces a comprender situacións que moitos deles poden vivir no seu contorno familiar.
Malia a seriedade do tema que trata ten un enfoque humorístico que persegue fomentar actitudes optimistas para afrontar os problemas da enfermidade e amosar a importancia que teñen os/as nenos/as para que os maiores vivan momentos felices.
Á parte da enfermidade, tamén se trata o tema da relación entre os/as nenos/as e os/as vellos/as en xeral así como diferentes modos de educar os rapaces por parte dos membros da familia.
Así mesmo, os avós preséntanse como transmisores da sabedoría tradicional e peculiar de cada pobo fronte á uniformidade cultural imposta pola publicidade e a sociedade de consumo.
Ditos tradicionais, lerias e enredos son un elemento máis da obra.
- Idioma: versión en galego e español
Ficha artística
Guión e dirección: MARÍA CAMPOS e CARLOS YUS.
Elenco
- Avó: Carlos Yus
- Rosiña e avoa: María Campos
- Escenografía: Migallas
- Maquillaxe: Begoña e Ánxela Paz
- Atrezo: Alba Tamara
- Deseño de iluminación: Migallas
- Técnica de luz e son: Alba Tamara
- Vestiario: Celsa Cabaleiro
- Fotografías: Mary Print
Ficha técnica
- Duración: 1 hora
- Tempo de montaxe: 2 horas e 30 minutos
- Tempo de desmontaxe: 1 hora
- Medidas do escenario:
- Ancho: 6 m
- Altura ata o teito: 3,5 m
- Fondo: 4 m
- Potencia eléctrica: 10.000 W
Unidade didáctica de "Un avó especial" formato PDF [791 Kb]

![Escena da obra Un avó especial [Ampliar imaxe]](/files/imaxes/un_avo_especial/un_avo_especial_2_mini.jpg)
![Escena da obra [Ampliar imaxe]](/files/imaxes/un_avo_especial/un_avo_especial_1_mini.jpg)

![Portada do libro [Clic para máis información]](/files/imaxes/un_avo_especial/libro_avo_especial_mini.jpg)
![Portada do disco [Clic para ampliar información]](/files/imaxes/canta_connosco/canta_connosco_portada_mini.jpg)
![Camisetas de Migallas [Clic para máis información]](/files/imaxes/camisetas/camisetas_migallas.jpg)
![Logotipo de facebook [Clic para acceder á nosa páxina]](/themes/bluemasters/images/redes/facebook.png)
![Logotipo de Twitter [Clic para acceder á nosa paxina]](/themes/bluemasters/images/redes/twitter.png)
![Logotipo de Youtube [Clic para acceder ao canal]](/themes/bluemasters/images/redes/youtube.png)
![Logotipo de Flikr [Clic para acceder á nosa paxina]](/themes/bluemasters/images/redes/flickr.png)
