Unha visita cultural teatralizada polo centro histórico dunha vila é unha actividade onde se combina a información cultural e histórica coas representacións teatrais a partir de personaxes e feitos relacionados cos lugares que se visitan. Deste xeito, os contidos transmitidos na visita fanse máis amenos e facilítase o achegamento á historia menos coñecida da vila que se visita.
Combínase neste percorrido o rigor da información histórica co humor, de modo que a visita resulte interesante e entretida para público de todas as idades e intereses.
“Migallas Teatro” ten feito visitas teatralizadas polo centro histórico de Pontevedra en torno a diferentes temáticas: “A Boa Vila desde o Camiño Xacobeo”, sobre o Camiño Portugués ó seu paso por Pontevedra, e “Paseo máxico por Pontevedra”, sobre a Pontevedra medieval e renacentista.
Os contidos, as características e o presuposto de cada visita depende dos medios e intereses dos promotores. Pódense realizar visitas sinxelas con poucos personaxes ou máis complexas con máis actores e medios técnicos e músicos en directo.

![Público asistente á visita [Clic para ampliar imaxe]](/files/imaxes/visitas_teatralizadas/migallas_visitas_teatralizadas_1_mini.jpg)
![Portada do libro [Clic para máis información]](/files/imaxes/un_avo_especial/libro_avo_especial_mini.jpg)
![Portada do disco [Clic para ampliar información]](/files/imaxes/canta_connosco/canta_connosco_portada_mini.jpg)
![Camisetas de Migallas [Clic para máis información]](/files/imaxes/camisetas/camisetas_migallas.jpg)
![Logotipo de facebook [Clic para acceder á nosa páxina]](/themes/bluemasters/images/redes/facebook.png)
![Logotipo de Twitter [Clic para acceder á nosa paxina]](/themes/bluemasters/images/redes/twitter.png)
![Logotipo de Youtube [Clic para acceder ao canal]](/themes/bluemasters/images/redes/youtube.png)
![Logotipo de Flikr [Clic para acceder á nosa paxina]](/themes/bluemasters/images/redes/flickr.png)
